Luz verde da UE a unha misión naval contra a entrada de armas en Libia

1 minutes read

O Consello da Unión Europea deu luz verde este martes á operación «Irini», unha misión naval comunitaria no Mediterráneo. O seu obxectivo é reforzar o cumprimento do embargo de armas cara a Libia decretado polas Nacións Unidas para acabar coa inxerencia militar estranxeira.

Este paso foi posible despois de que os Vinte e sete chegasen a un acordo sobre que facer coas persoas que eventualmente os barcos da misión rescaten no mar, tendo en conta que a súa misión principal non será combater ás mafias migratorias senón centrarse no embargo de armas a Libia. Borrell recoñeceu que o acordo «non foi fácil», pero celebra a súa posta en marcha.

Irini, que significa paz en grego, estará activa como mínimo durante un ano, ata o 31 de marzo de 2021. Esta nova operación militar substituirá a «Sofía», a misión que desde xuño de 2015 patrullaba o Mediterráneo para combater o tráfico de persoas fronte ás costas libias. A misión poderá levar a cabo inspecciones de embarcacións en alta mar fronte á costa libia sospeitosas de levar armas ou material relacionado, de acordo coa resolución 2292 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, de 2016. Borrell espera que isto supoña unha «importante contribución» para o proceso de paz en Libia.