Madrid acurralado polo virus

Control coronavirus.Cedida.

A Comunidad de Madrid trata de frear o avance da pandemia, con medidas restritivas. É a rexión máis afectada nesta segunda onda. Un terzo dos novos contagios no últimos sete días concéntranse en Madrid, 3.438. Nunha semana, faleceron 124 persoas debido á pandemia. A presión aumenta sobre os hospitais, así como sobre as unidades de coidados intensivos, que rozan nalgúns centros o límite da súa capacidade. Tamén sobre os profesionais sanitarios.

Confinamentos selectivos

Esta fin de semana, o Goberno madrileño dará a coñecer as súas medidas de contención. O viceconsejero de Saúde Pública, Antonio Zapatero, adiantaba que ademais de restricións de reunión e movemento, e confinamentos restrinxidos nas áreas con máis incidencia, exponse reducir as corentenas a unha semana. Os barrios do sur da capital española son os máis afectados e temen un novo confinamento.

30.243 mortos en España

No conxunto de España, nas últimas 24 horas houbo 4.728 novos casos e 239 falecidos. O total de contaxios é de 614.360 e hai 30.243 mortos pola COVID-19.