Madrid notifica a morte de dous nenos infectados polo estreptococo A


Trátase da mesma bacteria que obrigou a activar unha alerta sanitaria no Reino Unido, onde faleceron polo menos oito nenos. Agora, a consellería de sanidade de Madrid estuda se hai un aumento de casos con respecto a antes da pandemia. O estreptococo A pode provocar distintas enfermidades, desde farinxite ata penumonía ou meninxite, pero o habitual é que responda ben ao tratamento con antibióticos. Estudan os casos destas dúas mortes, hai ademais outros 14 menores hospitalizados, pero que están evolucionando ben.