A Comisión de seguimento da carreira profesional do Servizo Galego de Saúde -e entidades adscritas- mantivo esta semana xunto cos sindicatos CIG, CSIF, SATSE e UGT, unha xuntanza na que se acadaron importantes acordos de cara á vindeira publicación da convocatoria sobre a carreira profesional do ano 2023, e pola que máis 11.300 profesionais do Sergas poderán solicitar un novo grao de carreira profesional.
Entre as novidades desta convocatoria, destaca que por primeira vez o persoal residente en formación poderán solicitar o acceso ao grao inicial nos últimos anos do seu período formativo; a convocatoria dun procedemento ordinario de acceso aos graos I a IV, e a tramitación dun procedemento extraordinario de acceso aos graos I e II (dirixido ao persoal estatutario temporal). O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro do 2023.