Máis de 18.300 aspirantes para os exames que celebra esta fin de semana o Sergas

1 minutes read

O Recinto Feiral Internacional de Galicia (Silleda), acolle esta fin de semana a realización dos exames da fase de oposición do Sergas, para a cobertura dun total de 779 prazas que se distribúen en 10 categorías do sistema sanitario público galego. Así, un total de 18.377 aspirantes están convocados a participar nestas probas selectivas.

En concreto, para a xornada deste sábado están convocados un total de 9.408 aspirantes, para cubrir 46 prazas de enfermería especialista en enfermería Obstétrico-Xinecolóxica -matrona-; 12 de técnico/a superior en Imaxe para o diagnóstico; 1 de técnico/a en xestión de sistemas e tecnoloxías da información e 6 terapeuta ocupacional. A apertura das portas do Recinto está prevista para as 9,00 horas.  Ademais, terán lugar os exames do grupo Auxiliar da función administrativa, cun total de 318 prazas ofertadas polo Sergas.

Na xornada do domingo, a partir das 9,00 horas, están convocadas un total de 8.969 persoas para participar nos exames das categorías de Enfermeiro/a especialista en enfermaría de Saúde Mental (31 prazas ofertadas); Enfermería especialista en Pediatría (32 prazas ofertadas ); Enxeñeiro/a técnico/ (10 prazas ofertadas) e Odontólogo/a de Atención Primaria (17 prazas ofertadas). Na quenda de tarde, será o turno para a realización das probas na categoría de Celador/a, e para a que o Servizo Galego de Saúde ten ofertadas un total de 306 prazas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?