Sobre o Cristo redentor proxéctanse os 162 países que están afectados polo coronavirus. O mundo rexistra máis de 220.000 infectados e os falecidos roldan os 10.000. Só Europa conta con máis de 96.000 casos confirmados e Italia superou este xoves o número de mortes no mundo, con máis de 3.400 falecidos, superando así a China. O Goberno Italiano estendiu o período de corentena ata despois de abril debido a que as principais rexións continúan confirmándose centenares de infectados. España conta con 17.000 casos e máis de 800 falecidos ata este xoves. Os casos en Francia son máis 9.000 e en Alemaña ao redor de 8.100. A partir deste venres as escolas do Reino Unido estarán pechadas, uníndose á lista de países onde a educación foi freada pola pandemia.
33