43
Xa está rematada a instalación do dispositivo que atenderá durante 10 días máis de 32.000 veciños de Cambre e Culleredo. Atenderanos por dúas portas diferentes no parque de Acea da Ama, onde, ademais de asistencia, piden puntualidade. Ambos concellos teñen unha incidencia acumulada a 14 días duns mil casos. Unha cifra que preocupa sobre todo pola alta mobilidade laboral que teñen coa área metropolitana da Coruña. Este cribado súmase aos realizados estes días en Arteixo, Carral, A Laracha, Malpica e A Coruña cidade. En total máis de 200.000 probas na mesma área sanitaria para dar con aqueles que poderían estar contaxiados, mesmo sen sabelo.