Máis de 350 afgáns pedirán asilo en España


354 dos máis de 800 afgáns que aterraron en España tras ser evacuados de Cabul pretenden pedir asilo no país. Así o confirmou o Ministerio do Interior, que explicou que estas persoas pasaron o primeiro trámite administrativo para a solicitude na base de Torrexón de Ardoz, en Madrid. Tras realizárselles un test de COVID á súa chegada ao aeroporto, quen solicita asilo en España reciben un permiso extraordinario de residencia de 15 días. Despois de pasar entre 48 e72 horas no campamento, son trasladados a centros xestionados polo Estado ou ONG. Alí pasan entre seis e nove meses nos que se lles ensina o idioma e os procesos administrativos do país. Despois pasarán a pisos, custeados polo estado se non conseguiron traballo, nos que pasarán de 18 a 24 meses.