Máis de 40 empresas e catro centros tecnolóxicos crean o Clúster da Construción de Galicia

1 minutes read

O Clúster da Construción de Galicia nace como punto de encontro de toda a cadea do sector, dende fabricantes de materiais ata xestoras de residuos ou empresas de loxística. O seu obxectivo é crear xuntos unha Galicia máis sostible e innovadora e aspira a ser un «modelo para o resto de España», segundo defendeu o seu presidente, Diego Vázquez, que lembrou que a industria galega da pedra, a madeira ou o aluminio son referencia en España. A Entidade representa máis do 10% do PIB galego e emprega unhas cen mil persoas. Na presentación desta entidade, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comprometeu o apoio do Goberno autonómico ao sector para superar retos como a xestión ambiental ou o relevo xeracional.