Máis de 600 atletas citáronse en Cabana no décimo aniversario da Carreira Popular Dolmen de Dombate

1 minutes read

Cabana acolleu na tarde deste sábado a décima edición da Carreira Popular Dolmen de Dombate, unha das probas deportivas de referencia na Costa da Morte, que este ano rexistra un novo éxito de participación con 629 participantes.

A cita forma parte do Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña e supuxo unha oportunidade única para combinar deporte e lecer ao pé dun dos grandes símbolos do megalistismo de Galicia.

Desde o Concello de Cabana poñen en valor “a importancia desta carreira, xa consolidada no calendario deportivo galego”. “Esta edición é aínda máis especial se cabe xa que cumprimos dez anos gozando dunha proba de referencia nun espazo único e inmellorable”.