Desde o comezo da guerra en Ucraína, máis de 7 millóns de persoas fuxiron do país, aínda que se estima que 2 millóns, xa regresaron a casa.
A maioría son mulleres e nenos. Teñen dereito a vivir e traballar na Unión Europea durante un máximo de 3 anos, pero atopan moitas dificultades para obter un emprego. Non sempre falan o idioma, teñen que coidar dos nenos, as súas cualificacións poden non ser recoñecidas, e poden sufrir graves traumas.
Para axudarlles, a UE ofrece cursos de idiomas e formación, así como guías en ucraíno sobre como acceder ao mercado laboral. Así, axuda aos empresarios comunitarios a entender e recoñecer as cualificacións ucraínas e traduciu, ao ucraíno, o denominado Europass, co que os usuarios crean un currículo para poder utilizalo en gran parte de Europa. Tamén está a poñer en marcha un ‘grupo de talento’ da UE para poñer en contacto aos refuxiados ucraínos coas ofertas de emprego.