Máis de 70 maiores de Vimianzo están de visita en Lanzarote

1 minutes read

Máis de 70 persoas maiores de Vimianzo levan días disfutando da viaxe organizada polo Concello a zona sur da isla volcánica (Lanzarote), acompañados en todo momento pola concelleira de Benestar Social e os monitores, Rocío e Félix. Logo de aterrizar na isla o pasado sábado, dispuxéronse a aproveitar cada unha das xornadas para facer un longo percorrido e coñecer así as zonas máis turísticas, como “Puerto de Carmen”, a “Cueva de los Verdes”, “los Jameos del agua”, a “Isla Graciosa”, “Playa Blanca”, “Puerto Calero”, os coñecidos “Hervideros” a zona vinícula de Gera, Fuerteventura, etc. Ademáis, por suposto, da insalvable visita programada ao Parque Nacional de Timanfaya. A chegada a Vimianzo está prevista para o sábado 28 ás 00:30 horas.