Máis dun millón de persoas acceden xa á súa historia clínica grazas á plataforma É-saúde

1 minutes read

O Servizo Galego de Saúde informou de que 1,2 millóns de persoas están rexistradas na plataforma É-Saúde, que permite o acceso de cada paciente á súa propia historia clínica no marco da xornada organizada este venres en Madrid polo Ministerio de Sanidade con motivo do Día Mundial da Seguridade do Paciente que se conmemora o 17 de setembro. En liña co lema da Organización Mundial da Saúde ‘Demos voz aos pacientes!’, o Sergas facilita a súa participación ofrecendo a posibilidade de consultar en calquera momento e lugar a súa historia clínica a través da app Sergas Móbil. Ademais, ofrécese a posibilidade de que cada paciente introduza información na súa carpeta persoal (PHR) de É-Saúde para acordar cos seus profesionais sanitarios a remisión de informes ou fotografías sobre o control da súa saúde. No primeiro semestre deste ano, a Escola Galega de Saúde para a Cidadanía realizou 215 actividades formativas presenciais, coa participación de 4.541 persoas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?