- A oposición galega acusa ao PP de Alfonso Rueda de “mentir e manipular” cos pellets como fixo co Prestige.
- A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, despachouse este luns coa teoría de que as bólas de plástico “non son tóxicas nin perigosas”. Contestoulle, desde os micrófonos de Al Rojo Vivo, o secretario de Estado na materia, Hugo Morán: “O plástico non é comestible”.
O 13 de decembro de 2023 os gobernos autonómico e central tiñan as primeiras noticias da chegada de pellets de plástico ás praias de Galicia. Ese día, ás 15.32, o servizo do 112 en Galicia, dependente da Xunta, comunícase con Salvamento Marítimo para alertar das primeiras verteduras. Nesa comunicación co servizo galego de emerxencias nárrase o seguinte: “Recíbese chamada de 112 comunicando que un particular informa duns sacos de rafia con pequenas bólas plásticas en Praia de Vilar en Ribeira. Previamente CEMMA enviara fotos e comunicación do asunto”. Unha hora despois prodúcese outra comunicación, a cuxo contido tivo acceso eldiario.es. Nese segundo intercambio de mensaxes dise: “112 informa que persoal do concello estivo limpando a praia e que a zona queda limpa”. A Xunta non só coñecía a vertedura para entón senón que mobilizara os primeiros medios para atallalo.
Pero habería que esperar máis de tres semanas, ata o 5 de xaneiro, para que a Xunta de Galicia reaccionase activando o seu plan anticontaminación. A pesar do anterior, o presidente galego, Alfonso Rueda, acusou este luns ao Gobierno central de “falta de información”: “A primeira comunicación oficial que temos é do 3 de xaneiro”, asegurou. As transcricións das comunicacións entre o 112 galego e Salvamento Marítimo desmenten rotundamente a versión oficial do gabinete que dirixe o candidato do PP nas autonómicas do próximo 18F.
As Asociacións Medioambientais advirten do gran risco dos pellets mentras A Xunta nega a súa toxicidade, sen aportar ningún documento que acredite as súas palabras. Unha afirmación que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, exixiu contrastar facendo público o informe que o acreditaría e remitíndoo posteriormente ao Parlamento de Galicia.
Mentres a Xunta deixaba pasar os días, millóns de pellets de plástico empezaban a aparecer en praias afastadas dos primeiros achados, ata que este luns localizáronse por primeira vez en areais de Asturias. Mentres, grupos de voluntarios organizaron rudimentarias operacións de limpeza autoxestionada nas praias máis afectadas.
Sobre a súa toxicidade, xa se ten estudado nun tráxico accidente similar en Sri Lanka no 2021, onde milleiros de pescadores tiveron quedeixar atrás a pesca polo gran impacto que isto tivo na fauna marina, como se pode ver na seguinte imaxe.
