Malestar entre varias persoas que chegaron o sábado a Coristanco polo anuncio dun ‘falso concerto’ de Camela

1 minutes read

De Muxía a Lalín, Ordes, Ferrol ou Arzúa, foron varias as persoas, algunha da zona tamén, que o pasado sábado 20 de setembro se deron cita en Coristanco ás oito da tarde para asistir a un anunciado programa da Festa da Pataca, donde o concerto estrela estaría protagonizado a esa hora polo dúo madrileño Camela, formado por Dionisio Martín Lobato (vocalista-compositor) e María de los Ángeles Muñoz Dueñas (vocalista-compositora), unha formación que tiña a súa última actuación na zona, e con gran éxito, a mediados da década dos 90 na extinguida Sala de Festas A Revolta. Queda por determinar se se informou mal desde a organización da Festa ou se os medios escritos e radiofónicos que profundizaron na difusión do evento confundiron o dúo Carmela co dúo Camela. O enfado e resignación dos presentes era evidente, logo de facer centos de quilómetros para asistir a este ‘falso concerto’ anunciado.

Cartel anunciador do concerto de Camela no diario El Español.

Informativo da Radio Galega anunciando o concerto de Camela.

Anuncio correcto publicado por El Progreso de Lugo.