As sesións serán dirixidas pola doutora en psicoloxía e neuropsicoloxía clínica, Leticia Ameijide, quen deu a coñecer en profundidade o programa que se vai desenrolar durante seis meses.
No curso abordaranse temas sobre como conseguir xerar apegos seguros, vínculos afectivos e todas as necesidades que estea vivindo cada familia cos seus fillos e fillas.
O inicio está previsto para o sábado 13 de xaneiro e desenvolverase cada quince días ás 11:00 da mañá ata xuño.
O lugar designado para estas sesións será o CAT (Antigo centro comarcal). As inscricións estarán abertas dende este luns, e as persoas interesadas poderán formalizar o seu rexistro nas oficinas do concello. O número de prazas é limitado a 15 persoas.
A concelleira de Educación, Noelia Freijeiro, e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, acompañaron a Leticia na presentación en Buño desta nova edición da «Escola de pais e nais».