Como xa ven sendo habitual no previo ao comezo das festa do mar de Malpica, celébrase o concurso de figuras e castelos de Area na Praia de Area Maior. A deste ano vai ser xa a a súa XXI edición. Ata o propio día do concurso, o venres 26 de agosto pódense realizar as inscricións nos horarios e puntos habilitados polo concello de Malpica. No Departamento de Educación e Cultura, no 1º andar do Centro Cívico de Malpica, en horario de 9.00 a 14.00 horas do 22 ao 25 de agosto e o mesmo día do concurso, o venres 26 de agosto, de 10.00 a 10.30, na praia de Area Maior de Malpica. Só se poderá participar cunha obra, sexa de xeito individual ou en grupo, os cales non poderán estar formados por máis de 10 participantes. Haberá catro modalidades, en relación coa idade, ou a modalidade da peza. Amateur, premio especial do público, figuras e infantil. As persoas participantes só utilizarán area e auga, para a súas composición, posto que non está permitido o uso de produto para fixar as construcións. As persoas concursantes sí se lles deixa facer uso de ferramentas propias como as pas, caldeiros, difusores de auga, pero estes elementos, en ningún caso, poderán formar parte da obra.
41