- A planificación obtida será fundamental para definir as necesidades do sistema de depuración do municipio
O Concello de Malpica contratou a redacción do plan director de saneamento para buscar unha solución global e conxunta para este proxecto. A planificación obtida será fundamental para definir as necesidades, prioridades e elementos que formarán o sistema de depuración de todo o municipio.
O proceso de redacción implica un traballo de recompilación e análise de toda a información dispoñible no concello, así como a que se atopa en organismos como Augas de Galicia ou a Deputación Provincial da Coruña.
Co obxectivo de conseguir o saneamento integral do municipio, e seguindo uns criterios de optimización de custos e sustentabilidade que fagan que os vertidos sen tratar ao medio desaparezan, tamén se fará un estudo económico de varias alternativas e propostas de actuacións.