Malpica celebrará do 14 ao 17 de agosto a súa XII Feira Mariñeira

0 minutes read

A cita, xa consolidada no calendario estival da localidade, busca poñer en valor o seu forte vencello co mar a través dunha ampla programación cultural e lúdica. Durante catro días, as rúas da vila converteranse nun espazo de encontro para veciños e visitantes, cun mercado formado por postos de artesanía e produtos de alimentación, ademais dunha pulpeira tradicional, pasarrúas, xogos populares e música en directo.