Malpica clausura este xoves os talleres de manualidades para persoas maiores

0 minutes read
  • O evento terá lugar no Centro de Artesanía e Tradición ás 17.00 horas.

Este xoves terá lugar a clausura dos talleres de manualidades para persoas da terceira idade ou con diversidade funcional que se realizaron no concello de Malpica. Será a partir das 17.00 horas no Centro de Artesanía e Tradición de Buño. Asistirán a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco e o alcalde, Eduardo Parga.

Ademais, os traballos realizados polos usuarios dos obradoiros serán expostos nunha mostra na sala ‘A Galena’, no mesmo edificio, do 4 ao 8 de xullo.