37
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, achegouse este martes ata a Academia Galega de Seguridade Pública para saudar e compartir momentos durante a graduación dos axentes Alberto Fernández e Diego Mínguez.
Estes profesionais, que foron seleccionados mediante o convenio establecido entre o Concello e a Academia Galega de Seguridade, comezan a traballar desde este mércores en Malpica.
Con estas novas incorporacións o Concello de Malpica mellora a seguridade e a atención á cidadanía na vila.