17
O Concello de Malpica informa de que esta actuación, incluída no Plan Único de Concellos POS+ 2023 da Deputación da Coruña, contou cun investimento total de 130.000 euros (IVE incluído).
Os traballos realizados permitiron a renovación do pavimento e servizos.
Estas melloras supoñen un avance significativo na modernización da infraestrutura viaria da zona, incrementando a seguridade viaria, favorecendo a mobilidade e contribuíndo ao benestar da veciñanza de Seaia.