O evento celebrado á última hora deste venres estivo organizado polo Concello e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica – ARMH en colaboración coa Confraría de Pescadores. En primeiro lugar, levouse a cabo a presentación do libro «Aquela xente digna». A obra está escrita por Héctor Pose e financiada pola Deputación Provincial da Coruña.
Como broche final do acto tivo lugar a inauguración dunha placa en honra a estes veciños:
🔸 Antonio Suárez Blanco «Coruña».
🔸 Luís Rodríguez Villa «Luís de Rogita».
🔸 Antonio Fariña Chouciño «Antonio da Rosa».
Ao evento acudiron o alcalde, Walter Pardo, o concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Económica, Sergio García Villar, a concelleira de Educación e Medio Ambiente, María Manuela Álvarez Rey, a concelleira de Cultura, Oleiría, Igualdade e Patrimonio, Leticia Varela, e o concelleiro de Turismo, Seguridade, Tráfico, Servizos e Agro, Alfredo Cañizo. Así mesmo, asistiron varios representantes da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e familiares dos homenaxeados.