Acumulación de desgrazas na auga de Malpica | Ahora debido a unha posible vertedura no río Vaa

1 minutes read

Varios veciños alertaron de malos cheiros no abastecemento da auga municipal este mércores ao Concello de Malpica, polo que desde o consistorio tomáronse as medidas para comprobar a que era debido. Xunto cos traballadores municipais e coa empresa xestora da agua procedeuse a revisar os sistemas tanto os depósitos como a captación, detectando que o mal cheiro estaba nos depósitos de Pedra Queimada e das Papeiras, polo que os técnicos chegaron á conclusión de que debeu ser unha vertedura no río Vaa.

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, procedeu a avisar a Augas de Galicia, a chamar ao 112 e a realizar a pertinente denuncia ao Seprona que xa está a realizar as investigacións pertinentes par determinar a orixe da vertedura. O depósito de Pedra Queimada baleirouse para proceder á súa limpeza e este xoves é a quenda do depósito de as Papeiras. A subministración de auga non se recomenda para consumo humano ata que se saiban os resultados dos análises.