- O pasado 2 de xullo xa se comezara coa tala dos eucaliptos para poder escavar
Os traballos na contorna da Croa do Castro avanzan a bo ritmo, segundo comunican desde o Concello de Malpica. As máquinas xa traballan no terreo logo de que tivera lugar a tala de eucaliptos dos arredores.
O pasado 2 de xullo xa se comezaran con estes traballos, como paso previo para acometer as tarefas de escavación neste lugar. Tal e como explica o alcalde, Walter Pardo, ‘para nós supón dunha importancia maiúscula intervir neste lugar, xa que supón o paso previo para poder realizar as escavacións.
Pola súa banda, a concelleira de Medio Ambiente, María Álvarez, sinalaba que ‘temos moita ilusión nestas intervencións porque permitirán aos arqueólogos saber máis deste xacemento, algo que será tamén moi positivo para a nosa historia’.