Malpica prepara un Mercado de Nadal moi artesanal

0 minutes read
  • Os artesáns poderán expoñer os seus traballos no mercado municipal ata o 5 de xaneiro

O Concello de Malpica pon en marcha un novo Mercado de Nadal, adaptado á actual situación sanitaria, no que os artesáns e artesás poderán expoñer o seu traballo no mercado municipal.

Desde este martes e ata o vindeiro día 5 de xaneiro haberá un lugar en Malpica onde crear sinerxias e, polo menos durante estas datas, poder desfrutar da artesanía da vila.

Toda aquela persoa que desexe amosar neste espazo os seus traballos deberá contactar co Concello a través do 981 72 00 11.