35
- A actividade, dirixida a un público infantil, terá lugar no mercado municipal o sábado 5 de marzo
O concello de Malpica de Bergantiños organiza un obradoiro de cociña dirixido a nenos de entre 7 e 11 anos para que celebren o Entroido dunha forma moi doce.
Trátase dunha proposta que se desenvolverá o sábado 5 de marzo, coincidindo co sábado de piñata (o primeiro tras o mércores de Cinza) no mercado municipal. A actividade comezará a partir das 17:00 horas e as inscricións poderán realizarse media hora antes. Hai 25 prazas dispoñibles que se cubrirán por orde de inscrición.