Malpica presentou o tradicional concurso de escaparates de Nadal

1 minutes read

O  Concello de Malpica, dende a Concellería de Festexos e Turismo, continúa dando a coñecer as propostas para este Nadal. Seguindo coa tradición dos anos anteriores Alfredo Cañizo, concelleiro de Turismo e Festexos, presentou o  concurso de escaparates, de temática propia do Nadal. Os establecementos interesados teñen ata o próximo mércores, día 20 de decembro  ás 14.00 horas para apuntarse. Deberán cubrir un formulario que se pode descargar na páxina web ou solicitalo no Concello de Malpica. Os participantes deberán ter adornado o escaparate dende o día 20 de decembro ata o día 7 de xaneiro. Poderán participar aqueles negocios de Malpica que teñan locais con escaparates ao exterior. Para a valoración dos mesmos, terase en conta  a calidade artística, a composición, creatividades e orixinalidade.

Haberá premios a repartir entre os mellores. Un primeiro de 300 euros, un segundo  de 200, e sete terceiros de 100.

Para máis información pódese chamar ó teléfono 981720001