32
- O alcalde pedirá análises para aquelas persoas que traballan de cara ao público ou en centros educativos
Sanidade realizará este sábado un cribado masivo en Malpica de 350 análises PCR entre as persoas que integran o colectivo do mar -vendedores, redeiras e patróns de embarcacións-, e aquelas que forman parte do do Servizo de Axuda no Fogar.
O alcalde, Walter Pardo, comunicoulle ao xerente da área sanitaria da Coruña, Luis Verde e ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, as inquedanzas respecto á situación sanitaria no municipio, que se atopa este xoves en alerta vermella con 61 casos.
Pardo pedirá que se realicen as análises pertinentes para un colectivo especialmente vulnerable como son as persoas que traballan en establecementos de cara o público ou en centros educativos.