33
- O Concello facilitará os composteiros e a formación entre aqueles veciños que desexen participar
Seguindo os exemplos doutros municipios da Costa da Morte como Carballo, A Laracha, Coristanco ou Vimianzo, Malpica acaba de adherirse ao Programa de compostaxe doméstica de Sogama. O obxectivo desta iniciativa é promover a autoxestión de refugallos orgánicos para convertelos en abono natural.
O Concello facilitará unha formación e composteiros entre aqueles veciños que desexen participar neste programa, cuxo único requisito é dispoñer dunha vivenda unifamiliar con horta e xardín. Para inscribirse hai que cubrir o formulario correspondente e remitilo a correo@malpicadebergantiños.es.