26
O Concello de Malpica vén de adherirse ao Convenio entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do Programa galego de vixilancia e control fronte á vespa asiática (vespa velutina).
As persoas que estean interesadas en colaborar poden anotarse dende xa nas oficinas xerais do Concello de Malpica e solicitar a trampa e o líquido atraente que serán entregados nos vindeiros días.