24
Volverá Manu a ser referente do clube e da base dende a primeira liña do equipo.
Aos seus 30 anos, leva 11 campañas consecutivas no equipo de 1ª Nacional, incombustible coma sempre, será peza fundamental para darlle enerxía ao motor do Calvo Xiria. Posuídor de 2 ciclos superiores compaxina o balonmán co seu traballo de topógrafo en Landvey World. Nesta nova tempada quere seguir capitaneando este barco un ano máis, facendo o que máis lle gusta e pelexando por manter o equipo na zona alta da clasificación.