16
Manuel Anxo Pardiñas seguirá unha tempada máis sendo o delegado do Calvo Xiria Balonmán. Xunto con Adrián Dubra e Brais Puñal, está a traballar xa na programación da vindeira tempada. O carismático delegado seguirá sendo parte fundamental do grupo como o ven sendo nas últimas tempadas.
Nas súas declaracións Manuel Anxo dinos: “Primeiro agradecer que Adrián Dubra queira contar conmigo novamente para esta tempada. Dentro do que poida arrimarei o ombreiro para que o ascenso se consiga por fin. Creo firmemente neste proxecto e este ten que ser o ano no que se acade o obxectivo. Xogadores, técnicos, directiva, xiriareiros e Carballo enteiro merecen este premio.”