39
Manuel Verdes e Yoel Suárez, da A.D. Fogar, tomaron parte coa Selección Galega Absoluta de Natación no XIII Meeting Internacional da Póvoa do Varzim, en Portugal, contribuíndo á victoria final do combinado galego. Yoel nadou as finais A dos 50 e os 100 metros braza acadando a 4ª praza individual nas dúas probas e tamén a final A na substitución dos 4×50 metros libres onde formando equipo con José Moure, Brais Novo e Martín Vázquez acadaba a medalla de prata. No que respecta a Manuel, desta volta só puido meterse na final A dos 50 metros braza, proba na que foi 6º clasificado.