34
Por segunda xornada consecutiva, a Marea Galeguista elixiu Vigo este sábado como escenario do seu acto central da xornada. Os cabezas de cartel na provincia de Pontevedra adiantáronse un día á celebración do orgullo para facer unha reivindicación con este motivo.
Peque González asegurou que na próxima lexislatura, a Marea Galeguista reformará a lei de Igualdade para facela máis efectiva. Pola súa banda, o número 2 por Pontevedra da coalición, Andrés Núñez, incidiu en que queda moito camiño por percorrer nesta materia.
A Marea celebrará este domingo en Pontevedra un acto para conmemorar o aviversario do estatuto de autonomía de 1936.