Mario Díaz continúa cos seus bos resultados


A pasada fin de semana tivo lugar no RAC de Vigo, a IV Proba da liga Galega Xuvenil, cunha alta participación duns 100 xogadores de toda Galicia a pesar da choiva presente durante a competición. Na categoría cadete o xogador carballés Mario Díaz, conseguiu o quinto posto tanto en scratch como en hándicap. O sábado que vén terá lugar a última proba da liga no RAC de Santiago.