Mario Díaz convocado pola Federación Galega de Golf


O xogador de golf carballés Mario Díaz López, de 15 anos, foi convocado pola Federación Galega de Golf para entrar no Grupo de Tecnificación do que formarán parte 8 xogadores de toda Galicia. Deste grupo de traballo sairán os equipos que representarán a Galicia nos distintos Campionatos de España por Comunidades. A primeira convocatoria terá lugar o día 25 de xaneiro en Rois, onde traballarán con distintos técnicos e o psicólogo da Federación para axudarlles ao desenvolvemento competitivo entre outros aspectos técnicos.