37
O xogador de golf carballés Mario Díaz López quedou na 14° posición no Campionato de España de Pitch&Putt 2019 en categoría cadete. Proba celebrada os pasados 23 e 24 de Agosto en Benalmádena (Málaga). Mario Díaz é o actual subcampión galego Sub-16 nesta modalidade e subcampión galego Sub-14 e Sub-16 o ano pasado.