Mario Díaz subcampión na proba da liga Galega Xuvenil de Golf


Esta fin de semana disputouse a última proba da liga Galega Xuvenil no Club de Golf Val de Rois (Rois) . O xogador carballés Mario Díaz resultou subcampión en cadete, conseguindo ademais unha nova baixada do seu hándicap. O traballo realizado co seu adestrador, o xogador profesional galego Sergio García, segue dando moi bos resultados desde que empezou con el. A próxima proba a disputar será o Campionato Gallego Sub-16 no RAC de Santiago. Ademais tamén competirá a súa irmá Martina, de 9 anos, en Benxamín.