Martín Fuentes a Granada coa Selección Española BM

1 minutes read

O xogador cadete do Grupo Lemaco Xiria Martín Fuentes Pombo ven de ser chamado pola Real Federación Española de Balonmán para a actividade no Centro de Alto Rendimiento de Granada do 12 ao 19 de febreiro.

Esta concentración, na que estarán un total de 68 xogadores cadetes de toda a xeografía española, consta de adestramentos ao más alto nivel, cos mellores rapaces nados entre o 2004 e 2005, recibindo instruccións de profesionais altamente cualificados entre os que se atopa o seleccionador da recén proclamada campiona de europa, Jordi Ribera.

Martín é, polo momento, o único xogador chamado para o CAR deste ano no que sí estará acompañado por varios xogadores de equipos galegos como Manuel Pérez e Gael Blanco (Balonmano Luceros), Mateo Díaz (Balonmano Culleredo) e Rubén Sequeiros (Balonmano Cisne).