Máscara ao aire libre, máis vacinas e controis fronteirizos en España

1 minutes read

A máscara volve ser obrigatoria ao aire libre en España, non importa a distancia á que esteamos uns doutros. O Goberno pon coto así ás excepcións que regularon algunhas Comunidades Autónomas. As medidas, publicadas no Boletín Oficial do Estado, inclúen as xa aprobadas en xuño. Só quedan excluídos do uso da máscara os menores de seis anos, quen presente algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria, persoas dependentes ou con alteracións de conduta. Tampouco se lles esixirá a quen realice deporte individual ao aire libre.

Recurso á lei galega de que abría a porta á vacinación obrigatoria

Máscara obrigatoria, pero tamén vacina oligatoria, é o que prevía a reforma da Lei de saúde de Galicia que o Goberno central vai recorrer ao Tribunal Constitucional. O Executivo de Pedro Sáncez considera que a norma limita dereitos fundamentais que non competen ás autonomías. O recurso do Goberno suspende de forma cautelar os artigos que establecen sancións de entre 1.000 e 600.000 euros a quen se negue a vacinarse contra a covid e outros virus. O Ministerio de Sanidade rexistrou preto de cinco mil novos contaxios este martes e 106 falecidos con coronavirus mentres o país bota o resto na súa campaña de vacinación desde que se retomou o uso da vacina de AstraZeneca. O Goberno asegura que en abril se vai a «multiplicar por tres» a chegada de vacinas.