O Grupo MásMóvil lanzou unha oferta pública de adquisición (OPA), a través da súa filial Kaixo Telecom, sobre o 100% das accións de Euskaltel por un importe máximo de 2.000 millóns de euros en efectivo. A OPA, comunicada este domingo á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), é a 11,17 euros por acción, o que supón unha prima do 26,8% sobre o prezo medio das accións de Euskaltel dos últimos seis meses. A oferta, vinculada a conseguir polo menos o 75% das accións, conta xa co apoio dos tres principais accionistas de Euskaltel (o fondo británico de investimento Zegona, Kutabank e corporación Alba), que suman o 52,32% das accións.
MásMóvil asegurou nun comunicado que manterá o emprego e as sedes sociais de Euskaltel e MásMóvil no País Vasco e a de R en Galicia, así como as marcas R (Galicia), Telecable (Asturias), Euskaltel (País Vasco e Navarra) e Virgin Telco (resto do territorio nacional), coas que opera o Grupo Euskaltel.
32