Mata á súa muller e logo suicidase en Valga (Pontevedra)


Un home de 46 anos matou á súa muller no seu domicilio no lugar de Bronllo – Setecoros, no municipio pontevedrés de Valga, tras o cal quitouse a vida, segundo as primeiras conclusións aínda provisionais.

O crime foi perpetrado cara ás 15:00 horas deste domingo no interior da vivenda na que residía a parella e a irmá da vítima, que se acercou á casa ao ver que o matrimonio non acudía a unha cita e atopou os corpos sen vida de ambos.

Parece ser que a muller tiña un disparo no peito, mentres que o seu marido tiña signos de suicidarse disparándose na cabeza presuntamente co mesma arma.

A parella, definida por veciños coma unha parella aparentemente normal, tiña dous fillos maiores de idade.

Comunicado da Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia expresa a súa máis enérxica condena ao asasinato dunha muller en Valga, que se está investigando como un posible delito de violencia de xénero; así como o asasinato en Madrid dunha muller orixinaria de Sober.

O Goberno galego manifesta a súa consternación ante ambos crimes e fai un chamamento a toda a sociedade para que se rebele contra esta repudiable lacra.

Así mesmo, a Xunta anima ás persoas que estean sendo vítimas de malos tratos a denunciar para que así se lles poidan prestar a axuda necesaria para rachar coa situación de violencia na que están inmersas. Nese sentido, hai que lembrar que as vítimas teñen á súa disposición o teléfono 016, un teléfono gratuíto que garante a confidencialidade, xa que non queda pegada na factura telefónica. Ademais, froito dun acordo entre a Xunta e o Goberno central, as chamadas que se produzan desde o 016 dende o ámbito territorial de Galicia derívanse automaticamente ao telefono 900 400 273 ou ao 112 no caso de que a usuaria o precise