Mauro Silva renuncia oficialmente a presentarse á presidencia do Deportivo. O exjugador expresou os seus motivos a través das súas redes sociais, nunha carta aberta aos deportivistas. O brasileiro fora tanteado por Ignacio Rivera, CEO de Estrela Galicia, que se chegou a reunir con Mauro estes días en Sao Paulo.
O ex-xogador agradeceu a confianza de “algúns accionistas e amigos que queren ver ao club ocupando o seu espazo de gloria no fútbol español”. “É algo que denota afecto e recoñecemento á miña persoa”, dixo. Mauro Silva destaca como principal motivo da súa renuncia a súa obrigación de “cumprir os compromisos” que ten subscritos coa Federación Paulista de Fútbol. Como vicepresidente, o seu mandato termina no 2022. “Fixen un pacto con máis de 100 clubs paulistas, asegurándolles unha xestión profesional da FPF”.
Mauro Silva quixo lembrar que na súa etapa como xogador tamén lle caracterizou ese afán por cumprir os seus compromisos: “Non atendín propostas de clubs de maior potencial e cumprín co Deportivo”.