A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asumirá o 70% dos custos que implica a identificación dos animais de compañía daquelas persoas que se viran afectadas pola crise sanitaria da covid-19, é dicir, aqueles cidadáns que sexan responsables dun can sen microchip e que se atopen en situación de vulnerabilidade económica situación de desemprego ou afectado por un ERTE) ou que se vira afectado por una redución de xornada laboral, por motivo de coidados de menores ou maiores dependentes poderán dirixirse á un dos 767 veterinarios de Galicia que poden implantar este sistema de identificación.
Este é un dos compromisos que se recolle no convenio de colaboración asinado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o o vicepresidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios, Ricardo Vecillas, co que se distribuirán de xeito gratuíto os elementos necesarios para a identificación e rexistro dos animais no Rexistro galego de animais de compañía (Regiac) entre os veterinarios autorizados (767 en Galicia) que voluntariamente desexen participar na iniciativa para a especial identificación animal dirixida a aqueles propietarios que se atopen en situación de vulnerabilidade económica ou afectados por unha redución da súa xornada laboral.