40
O dono do patinete cambioulle o motor orixinal polo dunha rozadora, reforzoulle o chasis e instalou un depósito de combustible e un acelerador. Con iso logrou facer un patinete rápido, pero saíulle caro. O home detivérono por exceso de velocidade cando circulaba pola estrada nacional en Meira. Ademais deu positivo no control de alcolemia. Agora enfóntase a unha multa de mil euros e á perda de seis puntos do carné.