Mellorada a estrada de Zas a Baizana

1 minutes read

O Concello de Zas vén de investir case 60 mil euros na mellora da estrada que comunica os núcleos de Zas e Baizana. Con esta actuación, incluída no Plan de mellora de camiños municipais 2020-2021 de Agader, o goberno municipal continúa coa mellora da seguridade e da estética da rede viaria municipal. Os traballos consistiron na limpeza das cunetas e na preparación do vial ao que xa lle aplicaron unha capa de aglomerado en quente con 5 cm de espesor. Ademais, en canto as condicións climatolóxicas o permitan, marcarase a sinalización da vía. “Con esta actuación restablécese a seguridade vial nesta zona xa que se acondiciona o firme ao tipo de tráfico que soporta que, en boa parte, se trata de maquinaria agrícola”; sinala Manuel Muíño, Alcalde de Zas.