37
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste máis de 17.000 euros
A actuación consiste na ampliación da actual rede de saneamento e pluviais e na zona central, na que actualmente hai conexións erróneas entre pluviais e residuais, solucionarase mediante a instalación dun novo pozo de rexistro de saneamento. Con isto darase solución á problemática actual que deriva toda a auga pluvial da estrada xeral á Edar. Ademais, arranxaranse 6 tapas de rexistro danadas con formigón.
Con esta obra conséguese unha mellora substancial da infraestrutura e das instalacións da depuración e se impide o vertido de material residual sen depurar ao medio natural.