22
- Os deputados de ERC e JxCAT, incluídos os acusados de rebelión, prometen «pola liberdade dos presos, os exiliados e a república catalá»
En segunda volta, a deputada socialista Meritxell Batet, ministra de Política Territorial e Función Pública en funcións, foi elixida presidenta do Congreso dos Deputados. Na primeira volta, Batet obtivo 175 votos, un menos da maioría absoluta requirida, polo que se enfrontou a Ana Pastor, a candidata do PP e segunda máis votada, que obtivo 125 votos: ademais dos do seu partido, tamén Ciudadanos votou a favor da presidenta do Congreso na anterior lexislatura.
O resultado da votación conclúe con 35 votos en branco e 15 nulos. Estes pertencen aos deputados de Esquerra Republicana, que introduciron lazos amarelos nos sobres e a palabra ‘ llibertat’.