Microsoft aposta por investir en España 1.950 millóns de euros para a IA

1 minutes read

Así llo trasladou o presidente de Microsoft, Brad Smith, ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, nun encontro mantido este luns no complexo da Moncloa e no que tamén participou  o ministro para a Transformación Dixital, José Luis Escrivá, segundo informou o Executivo nun comunicado. O obxectivo é promover a innovación dixital e o uso responsable desta tecnoloxía en dúas plantas en Zaragoza e Madrid.  

“Trátase do maior investimento da multinacional tecnolóxica no noso país ata a data”, asegurou o Goberno. 

Ademais, durante a reunión analizáronse diversos acordos de colaboración do Gobierno e Microsoft no ámbito da intelixencia artificial para ampliar o seu uso na Administración Pública mediante solucións de IA xenerativa e plans de formación para funcionarios. 

Tamén se puxo sobre a mesa o reforzo de a ciberseguridade nacional en colaboración co Ministerio de Defensa e o Centro Criptológico Nacional, así como das empresas e as PEMES xunto ao Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE). 

Nese sentido, Microsoft abrirá proximamente unha rexión cloud de centros de datos na Comunidad de Madrid e anunciou que vai construír  un campus de data centers en Aragón para empresas e entidades públicas europeas.